lunes, 2 de enero de 2017

LIBRO: "Neurociencia para Julia" de Xurxo Mariño

Julia es ti. Xurxo guíate para que atopes a esencia do teu ser tratando temas nos que expón os segredos da actividade eléctrica e química que da lugar a túa mente.

"O corpo principal dunha neurona coas súas dendritas é como unha cabeza con miles de orellas. Cada orella representa a cada unha das sinapses que recibe esa célula, e en cada unha delas a neurona está “escoitando” unha mensaxe que significa “excitación” ou “inhibición” (dependerá do tipo de orella). ¿Que fai a neurona? ¿Excitase ou inhibese? Julia, o que faga a neurona en cada momento dependerá da suma das mensaxes que reciba por todas as orellas. Se esa suma inclina a balanza cara o lado da excitación, enton xerará no comenzo do seu axón novos potenciais de acción. Pola contra, se a balanza se inclina cara o lado da inhibición, quedará “calada” ata que a cousa cambie."

Este fragmento anterior é un exemplo do libro, que mostra como vai a ir avanzando, pero contén moitos máis temas que a calquera con interese neste campo e con ganas de analizar e comprenderse a si mesmo lle gustaría ler.

Cada capitulo é dedicado a un tema que realmente requeriría un libro enteiro, pero un tema interesante é o tratado no capitulo 13,  “o misterio do soño,” describese como o teu eu renace cada mañá ao despertar, todas as fases do soño, como se observan estas nos experimentos e cales son as teorías máis importantes sobre a súa función. Sempre me pareceu un bo tema a tratar e una das curiosidades mais complexas para tratar e comprender, xa só polo feito de que o noso cerebro cree estas "obras de teatro" nese momento para expulsar ou máis ben mostrar cousas internas, desexos e preocupacións. A forma na que disfraza os feitos, eso si que é digno de estudar. O cerebro xamáis deixará de sorprenderme.


No hay comentarios:

Publicar un comentario