viernes, 20 de enero de 2017

Enfermidades neurolóxicas

Realizouse un debate sobre as enfermidades neurolóxicas, cunha boa explicación da demencia e outras enfermidades, as máis comúns e outras sedundarias. Aclarando síntomas e causas. Enfermidades hereditarias. Lugares característicos con xenes que provocan enfermedidades. E outros temas interesantes das enfermidades neurolóxicas.



Podes acceder as partes seguintes do debate a través destes enlaces:
Parte 2: https://www.youtube.com/watch?v=bfLvfNShruw
Parte 3:https://www.youtube.com/watch?v=v39eWOjq8Oc

jueves, 19 de enero de 2017

Os soños

NEUROPSICOLOXÍA

Os soños constitén unha experiencia humana universal e supoñen un reto para o seu estudo, desde a neurociencia, a consciencia, as emocións... Deste xeito, os soños foron abordados desde varios puntos de vista, desde a fisolosfia hasta a medicina pasando por psiquiatría, psicoloxía, inteixencia artificial, modelos de redes neuronaes, psicofisioloxía ou a neurobioloxía.
Planteanse uns modelos da función biolóxica dos soños e o que participa neles, sobe todo aqeles basados nos procesos de consolidación da memoria e olvido, e o xeito que esta (a memoria) se expresa  a traves dos soños, ou tamén o porqué de que os soños liberen certas represións propias.
Os modelos actuais sobre a neurobioloxía e a neuropsicoloxía das fases REM do soño e a sua diferenciación con estados de vixilia.
Neuroboloxicamente falando, os soños relacionanse co papel da acetilcoina, e neuropsicoloxicamente, coa activación de rexións límbicas e paralímbicas, a activación dos ganglios basales e de áreas corticais de modalidade específica.
Os soños poden considerarse como un estado  de consciencia caracterizado por un reducido control sobre o se contido, imaxes visuais e a activación da memoria. Mediado por incentivos motivacionais e certos detalles emocionais.

Acerca das bases fisiolóxicas do soño e o seu estado de vixilia, concretando máis no seu desenvolvemento: http://www.neurowikia.es/content/bases-fisiologicas-del-sueno-y-la-vigilia


lunes, 2 de enero de 2017

LIBRO: "Neurociencia para Julia" de Xurxo Mariño

Julia es ti. Xurxo guíate para que atopes a esencia do teu ser tratando temas nos que expón os segredos da actividade eléctrica e química que da lugar a túa mente.

"O corpo principal dunha neurona coas súas dendritas é como unha cabeza con miles de orellas. Cada orella representa a cada unha das sinapses que recibe esa célula, e en cada unha delas a neurona está “escoitando” unha mensaxe que significa “excitación” ou “inhibición” (dependerá do tipo de orella). ¿Que fai a neurona? ¿Excitase ou inhibese? Julia, o que faga a neurona en cada momento dependerá da suma das mensaxes que reciba por todas as orellas. Se esa suma inclina a balanza cara o lado da excitación, enton xerará no comenzo do seu axón novos potenciais de acción. Pola contra, se a balanza se inclina cara o lado da inhibición, quedará “calada” ata que a cousa cambie."

Este fragmento anterior é un exemplo do libro, que mostra como vai a ir avanzando, pero contén moitos máis temas que a calquera con interese neste campo e con ganas de analizar e comprenderse a si mesmo lle gustaría ler.

Cada capitulo é dedicado a un tema que realmente requeriría un libro enteiro, pero un tema interesante é o tratado no capitulo 13,  “o misterio do soño,” describese como o teu eu renace cada mañá ao despertar, todas as fases do soño, como se observan estas nos experimentos e cales son as teorías máis importantes sobre a súa función. Sempre me pareceu un bo tema a tratar e una das curiosidades mais complexas para tratar e comprender, xa só polo feito de que o noso cerebro cree estas "obras de teatro" nese momento para expulsar ou máis ben mostrar cousas internas, desexos e preocupacións. A forma na que disfraza os feitos, eso si que é digno de estudar. O cerebro xamáis deixará de sorprenderme.