Un bo tema para enlazar ciencia, filosofía e tecnoloxía para min é a neuroloxía. Unha ciencia que ten moitas curiosidades aínda por entender.
martes, 15 de noviembre de 2016
Expresións faciais das emocións
A expresión facial de emocións ten unha importante función social que facilita a interacción entre as persoas. Este proceso ten unha base neurolóxica. Pero ata hoxe aínda non se coñecen os efectos da experiencia sobre as emocións.
Un estudo analiza o papel que ten a experiencia para recoñecer a expresión facial das emocións e a dirección que as experiencias positivas e negativas poderían ter sobre a percepción emocional. As estructuras que soportan a capacidade de recoñecer emocións pasan por un período sensible na adolescencia, cando a experiencia que adquirimos ten un maior impacto sobre o lado emocional.
Experiencias de abuso, neglixencia, guerras ou estrés xeran un curso cara a rabia e tristeza. Así, as experiencias positivas levan a unha expresión de alegría. Só cando as persoas son capaces de usar a expresión facial das emocións como un método de comprensión e expresión poden interactuar mellor cos seu arredor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario